Galicia, xoves 8 de outubro de 2026/ Francisco José Rabuñal Mosquera é o novo presidente do Consello da Avogacía Galega (CAG). O seu nomeamento tivo lugar onte no transcurso do pleno da corporación, celebrado en Santiago de Compostela. O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Luis Torres Foira, que presidiu o CAG durante o último año.
Xosé Manuel Fernández Varela, decano do Colexio de Avogados de Lugo, exercerá de vicepresidente, e continúa como secretario da corporación Augusto Pérez- Cepeda Vila, actualmente máximo responsable da avogacía coruñesa.
Francisco
Rabuñal é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e
conta cunha dilatada traxectoria profesional na xestión institucional. É o
máximo responsable do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela dende o ano
2017 e membro da súa xunta de goberno dende
o 2003. Así mesmo, é vocal do Consejo General de la Abogacía Española (CGAE)
e tamén foi presidente do CAG no ano 2024.
Desde os seus inicios no sector xurídico, traballa en prol da formación da avogacía e polo respecto á deontoloxía profesional. Posúe un profundo coñecemento da realidade xudicial en Galicia, amosando unha postura realista e crítica respecto das necesidades orzamentarias da Administración.
O Palexco da Coruña acollerá do 21 ao 23 de outubro o DATAfórum Xustiza 2026. Este encontro está dedicado aos datos e á transformación dixital da xustiza e reúne profesionais do dereito, da Administración de xustiza e do ámbito tecnolóxico.
Esta edición amplía o seu formato. A celebración no Palexco permite dispoñer de máis salas e programar actividades simultáneas, de modo que os relatorios e mesas de debate se complementan con cursos, obradoiros e videopódcast.
O programa inclúe tamén o DATAthon Justicia 2026. Nel, estudantes de distintas disciplinas traballarán en equipo sobre tres desafíos reais: infancia e mocidade, desigualdade silenciosa e neurodiverxencia.
O Consello da Avogacía Galega anima ás avogadas e aos avogados galegos a participar nesta cita. A asistencia é gratuíta, con inscrición previa no formulario do evento.
O programa, aínda provisional, pode consultarse na web do DATAfórum: https://dataforumjusticia.es/agenda/
A Coruña, venres 17 de xullo de 2026./ Ante as informacións publicadas en relación co proceso electoral do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, o Consello da Avogacía Galega (CAG) traslada o seguinte:
Contra o resultado das eleccións á Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Ferrol, celebradas o pasado 30 de xuño, interpuxéronse recursos por parte de ambas as candidaturas concorrentes. Todos eles están sendo tramitados por este Consello, órgano legalmente competente para resolvelos, conforme ao procedemento establecido e con audiencia de todas as persoas interesadas.
No marco desa tramitación, o Pleno do Consello adoptou as medidas provisionais necesarias para preservar a integridade de toda a documentación electoral — que quedará depositada e custodiada baixo a fe do propio Consello, con intervención de representantes das dúas candidaturas — e para asegurar que a resolución que finalmente se dite poida ser plenamente efectiva.
Estas medidas afectan unicamente a unha parte dos cargos electos; os restantes tomarán posesión na data prevista, polo que o funcionamento ordinario do Colexio queda plenamente garantido.
Alegacións e impugnacións
A existencia de alegacións e impugnacións cruzadas forma parte do normal exercicio dos dereitos que asisten a todos os candidatos, e será o procedemento —e non outra vía— o que determine o seu fundamento.
O Consello non valorará publicamente o contido dos recursos nin anticipará o sentido da súa resolución, por respecto ás partes e á integridade do expediente, e resolverá dentro dos prazos legais, comunicando a súa decisión polas canles oficiais.
O Consello da Avogacía Galega fai un chamamento á prudencia informativa mentres o expediente se atope en tramitación.
O Consello da Avogacía Galega asinou un novo convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mediante o cal o CAG presta os seguintes servizos:
Asesoramento gratuíto
Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas vías:
O CAG elaborou dúas guías informativas referidas aos trámites de
carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e
obrigas das persoas afectadas por desafiuzamentos ou ocupación ilegal
da vivenda.
Desafiuzamento de vivendas. Guía informativa para persoas afectadas
A ocupación ilegal da vivenda. Guía informativa para persoas afectadas
Fecha de inicio: 23 de junio de 2026.
El Consello da Avogacía Galega, junto con el Ilustre Colegio de la Abogacía de Cantabria, el Consejo de la Abogacía de Castilla-La Mancha, el Consejo de la Abogacía de Castilla y León y el Consejo Valenciano de Colegios de la Abogacía, y la colaboración de Maite, organiza el curso en línea “Uso responsable de la inteligencia artificial en el ámbito jurídico”. Se trata de una acción formativa dirigida a profesionales de la abogacía y alumnado de las escuelas de práctica jurídica interesados en conocer el impacto real de la inteligencia artificial en el ejercicio profesional.
El curso, de carácter eminentemente práctico y multidisciplinar, ofrece una aproximación rigurosa a las principales herramientas de IA generativa, a sus usos en el ámbito jurídico y a los retos que plantea desde la perspectiva de la deontología profesional, la protección de datos, la propiedad intelectual, la ciberseguridad o la responsabilidad profesional.
El curso, de carácter eminentemente práctico y multidisciplinar, ofrece una aproximación rigurosa a las principales herramientas de IA generativa, a sus usos en el ámbito jurídico y a los retos que plantea desde la perspectiva de la deontología profesional, la protección de datos, la propiedad intelectual, la ciberseguridad o la responsabilidad profesional.
El programa se estructura en distintos módulos temáticos que combinan contenidos teóricos, materiales complementarios, cuestionarios de autoevaluación y sesiones webinar impartidas por profesionales especializados en tecnología, derecho y comunicación digital.
Entre otras cuestiones, se abordarán:
La formación se desarrollará en modalidad en línea, permitiendo el acceso flexible a los contenidos y a las grabaciones de las sesiones formativas conforme se vayan celebrando.
Data de inicio: 23 de xuño de 2026.
O Consello da Avogacía Galega, xunto co Ilustre Colegio de la Abogacía de Cantabria, o Consejo de la Abogacía de Castilla-La Mancha, o Consejo de la Abogacía de Castilla y León e o Consejo Valenciano de Colegios de la Abogacía, e coa colaboración de Maite, organiza o curso en liña “Uso responsable da intelixencia artificial no ámbito xurídico”. Trátase dunha acción formativa dirixida a profesionais da avogacía e alumnado das escolas de práctica xurídica interesados en coñecer o impacto real da intelixencia artificial no exercicio profesional.
O curso, de carácter eminentemente práctico e multidisciplinar, ofrece unha aproximación rigorosa ás principais ferramentas de IA xerativa, aos seus usos no ámbito xurídico e aos retos que formula desde a perspectiva da deontoloxía profesional, a protección de datos, a propiedade intelectual, a ciberseguridade ou a responsabilidade profesional.
O programa estrutúrase en distintos módulos temáticos que combinan contidos teóricos, materiais complementarios, cuestionarios de autoavaliación e sesións webinar impartidas por profesionais especializados en tecnoloxía, dereito e comunicación dixital.
Entre outras cuestións, abordaranse:
A formación desenvolverase en modalidade en liña, permitindo o acceso flexible aos contidos e ás gravacións das sesións formativas conforme se vaian celebrando.