Escola de comunicación

No Consello da Avogacía Galega somos conscientes da importancia da comunicación na profesión da avogacía. O dominio de aspectos como a oratoria, as habilidades sociais, a asertividade ou o manexo do estrés mellorará notablemente a comunicación tanto na vida profesional coma na vida laboral.

Por todo isto, o Consello ofrece formación específica para que os colexiados e colexiadas galegos interesados poidan reforzar as súas dotes comunicativas:

 

Curso de Comunicación Relacional: Modelo Bridge

bridgePor que con algunhas persoas entendémonos facilmente e, en cambio, con outras nos resulta tan difícil? Por que algunhas cousas que dicimos a uns lles sentan tan mal e a outros lles sentan tan ben? Por que as mesmas palabras algunhas veces nos achegan e outras xeneran unha distancia insalvable? Para responder a estas preguntas, Ferrán Ramón-Cortés e Alex Galofré desenvolveron o modelo Bridge.

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN ATA O 10 DE ABRIL

Máis información

 

Curso de Oratoria

oratoriaNos procesos xudiciais regulados no ordenamento xurídico español prevalece o principio de oralidade. Por iso, o coñecemento, aprendizaxe e posta en práctica das normas da oratoria é imprescindible para os profesionais da avogacía.

CURSO PECHADO

Máis información

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies