Curso de Dereito de Estranxeiría 2016

Os avogados e as avogadas pertencentes ás listaxes da quenda de oficio de estranxeiría deben posuír unha formación suficiente que garanta a prestación da asistencia xurídica gratuíta consonte a uns estándares de calidade axeitados.

O Consello da Avogacía Galega, no exercicio das súas competencias, entre as que se atopan “a formación e perfeccionamento profesional” (artigo 5 do seu Estatuto), presenta a segunda edición actualizada do Curso de Dereito de Estranxeiría, que permitirá ao profesional adquirir os coñecementos necesarios neste eido a través dunha formación homologada, e acreditalo para acceder ás listaxes especiais da quenda de oficio, cando lle fora esixido.

Ao igual que na edición anterior, dadas as boas críticas do alumnado, o director científico do curso e autor do material formativo é Juan José Vázquez Rodríguez, asesor xurídico e xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario actualizouse con novos epígrafes e as modificacións lexislativas que afectan á materia.

A formación é impartida integramente en liña e supón 100 horas lectivas.

O prazo de inscrición rematou o 15 de novembro. O prazo para a realización do curso remata o 28 de febreiro do 2017.

Para máis información:

Acceso á aula virtual

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies