Quen somos

O Consello da Avogacía Galega está conformado polos sete colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).

O seu estatuto foi aprobado por Decreto 130/93, de 3 de xuño, da Consellería da Presidencia. A súa sede reside na Coruña, por ser o lugar no que ten a súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Entre as competencias máis salientables do Consello están:

  1. A coordinación da acción conxunta dos Colexios de avogados que o conforman.
  2. As relacións cos órganos da Administración Autonómica especialmente coa Direción Xeral de Xustiza.
  3. O exercicio da potestade disciplinaria, mediante a resolución dos recursos de alzada interpostos contra os acordos dos colexios neste eido, ou a resolución, en primeira instancia, dos expedientes en materia disciplinaria que afecten a membros das xuntas de goberno dos colexios de avogados, excluído o decano (neste caso a competencia pertence ao Consejo General de la Abogacía Española)

Preámbulo do decreto de creación do Consello da Avogacía Galega.

De conformidade co que dispón o Decreto 130/93 do 3 de xuño, da Xunta de Galicia, polo que se aproba a creación do Consello da Avogacía Galega e os seus estatutos, o Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público integrada polos ilustres colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevera, Ferrol, Vigo e Santiago), a finalidade do cal, de acordo co art. 4 destes estatutos, é a de agrupar, coordinar os colexios de avogados integrados nel e asumir a súa representación en cuestións de interese común ante a Xunta de Galicia e, en xeral, ante calquera organismo, institución ou persoa, física ou xurídica, en todo canto sexa necesario para o cumprimento dos seus fins.

As súas competencias serán, fundamentalmente, as que ten atribuídas o Consello Xeral da Avogacía Española, en todo canto teña ámbito ou repercursión soamente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e entre outras cuestións, de conformidade co disposto nos estatutos, ten competencia para fomentar, crear e organizar institucións, servicios e actividades en relación coa profesión de avogado, que teñan por obxecto a formación e o perfeccionamento profesional, a promoción cultural, etc; convocar e realizar congresos, xornadas, simposios, e actos semellantes relacionados co dereito civil especial de Galicia e co exercicio da avogacía na Comunidade Autónoma; editar libros e traballos de carácter xurídico sobre a lexislación e xurisprudencia para Galicia, e publica-las normas e disposicións de interese para os avogados de Galicia; colaborar cos poderes públicos na realización e pleno desenvolvemento dos dereitos da persoa e das institucións dentro do seu propio territorio, defender os dereitos dos colexios de avogados de Galicia e dos seus colexiados; o exercicio das competencias que lle delegue a Xunta, etc.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies