Curso sobre a Reforma do Código Penal

Curso sobre a Reforma do Código Penal

O 1 de xullo do 2015 entrou en vigor a Lei Orgánica 1/2015 da reforma do Código Penal.

O Código, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, é obxecto dunha profunda revisión e actualización, adaptándose aos novos tempos: introdúcense novas figuras delituosas e adecúanse os tipos penais existentes para ofrecer unha resposta máis axeitada ás novas formas de delincuencia, ao mesmo tempo que se suprimen infraccións que, debido á súa escasa gravidade, o lexislador entende que non merecen reproche penal.

Todas estas novidades son analizadas neste curso de 60 horas, impartido integramente en liña.

O prazo de inscrición rematou o 15 de novembro. O prazo para a realización do curso remata o 28 de febreiro do 2017.

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para máis información:

Acceso á aula virtual
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies