O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por todos e todas a avogadas de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.
A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía:
- Vídeo de presentación da campaña de este ano «A quenda que cambia a historia».
- Tanto se es un cidadán coma se es un avogado ou avogada, desde este microsite preparado polo CGAE poderás acceder a información de interese.
- Desde aquí poderás acceder aos informes do Observatorio de Xustiza Gratuíta. Estes documentos son informes anuais elaborados por un equipo multidisciplinar de expertos qeu analiza a situación da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio en España. Aportan, de forma homoxeneizada e única en España, os datos proporcionados polos 10 Consellos Autonómicos e os 83 Colexios da Avogacía.