12 de Xullo do 2022: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

12 de Xullo do 2022: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por todos e todas a avogadas de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.

A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía:

  • Vídeo de presentación da campaña de este ano «Non hai mellor ataque que unha boa defensa».
  • Tanto se es un cidadán coma se es un avogado ou avogada, desde este microsite preparado polo CGAE poderás acceder a información de interese.
  • Desde aquí poderás acceder aos informes do Observatorio de Xustiza Gratuíta (o último con data do 11 de xullo do 2022). Estes documentos son informes anuais elaborados por un equipo multidisciplinar de expertos qeu analiza a situación da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio en España. Aportan, de forma homoxeneizada e única en España, os datos proporcionados polos 10 Consellos Autonómicos e os 83 Colexios da Avogacía.
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies