12 de Xullo: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

12 de Xullo: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio. Máis de 40.000 avogados e avogadas da quenda de oficio traballan 24 horas ao día, 365 días ao ano, para defender legalmente centos de miles de cidadáns con recursos económicos limitados. Realizan este labor a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.

A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía:

  • Tanto se es un cidadán coma se es un avogado ou avogada, desde este microsite preparado polo CGAE poderás acceder a información de interese.
  • Desde aquí poderás acceder aos informes do Observatorio de Xustiza Gratuíta (última edición: xuño de 2024). Estes documentos son informes anuais elaborados por un equipo multidisciplinar de expertos que analiza a situación da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio en España. Aportan, de forma homoxeneizada e única en España, os datos proporcionados polos 10 Consellos Autonómicos e os 83 Colexios da Avogacía.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies