21 de xaneiro, Día Europeo da Mediación

21 de xaneiro, Día Europeo da Mediación

A celebración deste día coincide coa data de aprobación do primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa. O 21 de xaneiro de 1998, o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a Recomendación R(98) sobre Mediación Familiar.

Dende entón, esta ferramenta alternativa de resolución de conflitos foise consolidando nos eidos Familiar, Civil e Social, Mercantil e Penal, grazas ao impulso das institucións xudiciais e da avogacía.

A mediación consiste nun proceso voluntario no que as partes implicadas traballan para acadar unha solución válida para ambas, coa axuda do/a mediador/a, quen lles orienta e axuda a chegar a un acordo consensuado.

 

Recursos sobre mediación:

  • Lexislación

España

Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís

Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro

Galicia

Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar

Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta

 

 

  • Na páxina do CGAE, Consello Xeral da Avogacía Española, pódese atopar unha relación dos eventos celebrados nalgúns dos diferentes Colexios de Avogados de España, co gallo do Día Europeo da Mediación.
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies