A Constitución Española recoñece aos cidadáns sen recursos o acceso á Xustiza Gratuíta. Así, todos os cidadáns españois, os nacionais dos Estados membros da Unión Europea e os estranxeiros que residan en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar, disporán dun avogado e dun procurador de forma gratuíta. Este dereito tamén é recoñecido a outros suxeitos.
É un dereito de todos e non se pode excluír a ninguén por falta de medios económicos ou pertenza a un colectivo vulnerable.
O Consejo General de la Abogacía Española (CGAE) pon a disposición da cidadanía diversos recursos para informar sobre este servizo: