Co gallo da celebración dos 175 anos do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, o diario El Progreso entrevista ao seu decano e vicepresidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos.
No artigo da edición dixital (máis breve que a prensa escrita), o decano fai un breve repaso pola historia do Colexio e califica esta lexislatura, en tema de Xustiza, como «un fracaso total».