A celebración deste día coincide coa data de aprobación do primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa. O 21 de xaneiro de 1998, o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a Recomendación R(98) sobre Mediación Familiar.
Dende entón, esta ferramenta alternativa de resolución de conflitos foise consolidando nos eidos Familiar, Civil e Social, Mercantil e Penal, grazas ao impulso das institucións xudiciais e da avogacía.
A mediación consiste nun proceso voluntario no que as partes implicadas traballan para acadar unha solución válida para ambas, coa axuda do/a mediador/a, quen lles orienta e axuda a chegar a un acordo consensuado.
Recursos sobre mediación:
España
– Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís
– Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro
Galicia
– Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar