Curso de Oratoria

Curso de Oratoria

Nos procesos xudiciais regulados no ordenamento xurídico español prevalece o principio de oralidade. Por iso, o coñecemento, aprendizaxe e posta en práctica das normas da oratoria é imprescindible para os profesionais da avogacía.

Este curso preséntase en modalidade semipresencial (B-learning), cunha parte teórica en liña (30 horas) e outra práctica presencial (12 horas):

  • Os contidos teóricos xurden dunha colaboración entre Thomson Reuters Aranzadi e o Consello da Avogacía Galega. Están dispoñibles na plataforma formativa do CAG, ao igual que os cuestionarios de autoavaliación e outros materiais adicionais.
  • Os talleres prácticos corren a cargo de Bével Consultores SL, especializados no entrenamento de habilidades a través da formación e o coaching. Trátase de 3 sesións formativas cun máximo de 20 participantes por sesión, a desenvolver nos diferentes Colexios de avogagos/as galegos.
    • Consulta as datas dos talleres nos Colexios de avogados de Galicia.
    • Preme aquí para coñecer as opinións de antigos alumnos do curso de Oratoria de Bével.

 

A formadora é Alejandra Sánchez Barge, avogada e co-active coach por CTI, practitioner en PNL, certificada como coach de equipos, formada no Modelo de Comunicación Insights Discovery. Foi a primeira certificada en Galicia no modelo Bridge® de comunicación relacional. Traballa como formadora e coach, concentrándose no 2002 en entrenar as habilidades de comunicación e oratoria, axudando desde entón a máis de 1800 persoas. Colaboradora docente na USC, UDC e o Consello da Avogacía Galega.

Colaboradora habitual da radio EsGalicia, no programa «Es la mañana en Galicia», dedicando a súa sección ao entrenamento en habilidades. Forma parte da xunta directiva de AECOP Galicia e de AECO, Asociación de Empresarias de A Coruña.

A continuación, pódense consultar vídeos e cortes do programa de radio sobre oratoria:

 

O prazo de inscrición rematou o 15 de novembro. O prazo para a realización do curso remata o 15 de marzo do 2017.

Para máis información:

 

Acceso á aula virtual
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies