Nos procesos xudiciais regulados no ordenamento xurídico español prevalece o principio de oralidade. Por iso, o coñecemento, aprendizaxe e posta en práctica das normas da oratoria é imprescindible para os profesionais da avogacía.
Este curso preséntase en modalidade semipresencial (B-learning), cunha parte teórica en liña (30 horas) e outra práctica presencial (12 horas):
- Os contidos teóricos xurden dunha colaboración entre Thomson Reuters Aranzadi e o Consello da Avogacía Galega. Están dispoñibles na plataforma formativa do CAG, ao igual que os cuestionarios de autoavaliación e outros materiais adicionais.
- Os talleres prácticos corren a cargo de Bével Consultores SL, especializados no entrenamento de habilidades a través da formación e o coaching. Trátase de 3 sesións formativas cun máximo de 20 participantes por sesión, a desenvolver nos diferentes Colexios de avogagos/as galegos.
- Consulta as datas dos talleres nos Colexios de avogados de Galicia.
- Preme aquí para coñecer as opinións de antigos alumnos do curso de Oratoria de Bével.
A formadora é Alejandra Sánchez Barge, avogada e co-active coach por CTI, practitioner en PNL, certificada como coach de equipos, formada no Modelo de Comunicación Insights Discovery. Foi a primeira certificada en Galicia no modelo Bridge® de comunicación relacional. Traballa como formadora e coach, concentrándose no 2002 en entrenar as habilidades de comunicación e oratoria, axudando desde entón a máis de 1800 persoas. Colaboradora docente na USC, UDC e o Consello da Avogacía Galega.
Colaboradora habitual da radio EsGalicia, no programa «Es la mañana en Galicia», dedicando a súa sección ao entrenamento en habilidades. Forma parte da xunta directiva de AECOP Galicia e de AECO, Asociación de Empresarias de A Coruña.
A continuación, pódense consultar vídeos e cortes do programa de radio sobre oratoria:
- Entrevista a Alejandra Sánchez, Masterclass de Liderazgo e Habilidades Sociais (vídeo).
- Entrevista a Alejandra Sánchez, Masterclass de Comunicación (vídeo).
- Programa de radio do 13 de xaneiro do 2016 (audio).
- Programa de radio do 17 de febreiro do 2016 (audio).
- Programa de radio do 16 de marzo do 2016 (audio).
O prazo de inscrición rematou o 15 de novembro. O prazo para a realización do curso remata o 15 de marzo do 2017.
Para máis información:
- Folleto do curso
- Guía do curso
- Contactar co Consello no enderezo electrónico
ou no teléfono 981 121 893.
Acceso á aula virtual