Rematado o prazo de presentación de candidaturas, e dado que a súa foi a única presentada, Ramón Jáudenes López de Castro foi reelexido decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, cargo que ostenta desde decembro do 2011.
Como deputados o acompañan Isabel Sueiro Torres, Juan Ramón Piñeiro Bermúdez, Juan Carlos Abeigón Vidal, María Pilar Moledo Santiago e, como bibliotecaria-contadora, Xema Rial Rodríguez. O resto dos cargos da Xunta de Goberno non había que renovalos nestas eleccións.
Desde o Consello da Avogacía Galega queremos dar a nosa noraboa ao reelexido decano e desexarlle sorte na súa continuidade ao frente dos letrados e letradas de Pontevedra.