O próximo 23 de novembro terá lugar en Madrid, no Salón de Actos do Consejo General del Poder Judicial, a entrega do XII Premio do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. Este ano, un dos premios recae sobre as avogadas e os avogados da quenda de oficio de violencia de xénero, en recoñecemento ao seu traballo coas víctimas.
Desde o Consello queremos recoñecer este importante labor e felicitar a todas e todos os compañeiros da quenda.
Neste enlace pódese ler o anuncio da concesión do Premio polo CGPJ.