O Consello da Avogacía Europea (CCBE) lanzou unha breve enquisa para coñecer o uso das ferramentas electrónicas nos procedementos xudiciais.
O cuestionario está dirixido a avogados e avogadas exercentes que interactúen con tribunais de todo tipo, incluídos os locais, autonómicos, nacionais e, por suposto, europeos e internacionais, e formará parte do Cadro de Indicadores de Xustiza que presenta a Comisión Europea, e para o que se solicitou a axuda da Avogacía Española.
A enquisa está dispoñible en español, grazas á tradución realizada na Delegación da Avogacía Española en Bruselas, e estará operativa ata o 6 de decembro do 2016 na seguinte ligazón:
https://www.surveymonkey.com/r/ccbespainII
Grazas pola colaboración.