O Pleno da Confederación Española de Jóvenes Abogados, na súa reunión celebrada o pasado día 4 de marzo en Valencia, designou á Cidade da Coruña como Sede do XX Congreso de Abogacía Joven que se celebrará no 2018.
Esta cidade elixiuse entre as candidaturas presentadas pola Agrupación de Jóvenes Abogados do Colexio de Avogados da Coruña, representada por Marcos Rivas e Manuel Díaz, e pola Agrupación de Jóvenes Abogados de Vigo. A candidatura coruñesa obtivo a aprobación plenaria por 63 votos frente aos 39 obtidos pola candidatura viguesa.