Sinatura entre o Consello da Avogacía Galega e a Xunta de Galicia do acordo económico sobre a asistencia xurídica gratuíta

Sinatura entre o Consello da Avogacía Galega e a Xunta de Galicia do acordo económico sobre a asistencia xurídica gratuíta

  • O baremo que regula a asistencia xurídica gratuíta en Galicia non se actualizaba desde o ano 2006
  • O Consello da Avogacía Galega agradece á Xunta a súa disposición e mellora do baremo mais sinala que a inversión en Asistencia Xurídica Gratuíta e nas remuneracións debe ser maior

 

A Coruña, 20 de outubro de 2017. Na mañá de hoxe tivo lugar na Sede do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela a sinatura do acordo económico sobre a asistencia xurídica gratuíta entre a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega, nun acto no que participaron o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Presidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo.

 

A Comunidade Autónoma de Galicia ten as competencias para o funcionamento da Administración de Xustiza, entre nas que atopa o pagamento da compensación económica aos colexios de avogados e de procuradores dos tribunais polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta.

 

Desde o ano 2006 estiveron conxeladas as cantidades indemnizadoras pola prestación dos servizos de asistencia letrada e defensa gratuíta. Co acordo asinado hoxe entre Xunta e Consello da Avogacía Galega actualízanse estes baremos cun incremento variable de arredor do 8%, así como introducir outros conceptos ata o de agora non recollidos.

 

Segundo Félix Mondelo, Presidente do Consello da Avogacía Galega “Con esta subida, Galicia segue a estar á cabeza do Estado Español no que se refire ás contías das remuneracións aos letrados da quenda de oficio, e nalgún concepto en primeira posición. Mais non podemos estar contentos, porque o investimento en Xustiza Gratuíta está por debaixo dos estándares europeos, e queremos que as actuacións se remuneren dign amente. Así llo fixen saber ao Vicepresidente, a quen de todos modos agradezo a súa disposición ao diálogo e o seu esforzo por satisfacer as nosas reivindicacións. Con este acordo melloramos as cantidades que perciben as avogadas e os avogados da quenda de oficio, mais seguiremos loitando porque dito labor acade un mellor recoñecemento e desde o Consello faremos todo o posíbel para iso”.

 

O baremo económico actualizado recollido neste acordo estará en vigor no último trimestre do 2017.

 

Ler nota de prensa en castelán

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies