Servizo de asesoramento en materia de ocupación ilegal de vivenda

Servizo de asesoramento en materia de ocupación ilegal de vivenda

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para asesorar ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente, co fin de que saiban como actuar ante esta situación.

Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas vías para solicitar o servizo de asesoramento gratuíto:

  • Un formulario web. As consultas realizadas serán respondidas polo letrado/a de garda dentro das 48 horas seguintes ao envío da consulta.
  • O teléfono 900 121 221. O horario de atención será de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Este convenio estará vixente desde o 4 de decembro do 2020 ata o 31 de decembro do 2021.


Consultar texto convenio


Guía informativa

O CAG elaborou unha guía informativa referida aos trámites de carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.


Consultar guía informativa

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies