Programa de clases en liña en materia de asistencia xurídica a mulleres vítimas de violencia de xénero

Programa de clases en liña en materia de asistencia xurídica a mulleres vítimas de violencia de xénero

INSCRICIÓN ABERTA

Co fin de ampliar a formación impartida na aula virtual do Consello sobre violencia sobre a muller, comezamos unha serie de clases en liña en materia de violencia de xénero.

Organizadas os xoves, de 16 a 17 h., e impartidas por profesionais expertas na materia, estas webinars pretenden afondar en temas como o delito de sustracción de menores, as dilixencias de proba, os dereitos das vítimas ou a coordinación con outros profesionais que participan no proceso xudicial.

Prezo:

  • Matriculados/as no curso “Atención xurídica a vítimas de violencia de xénero 2020”: inscrición gratuíta. Lembramos que a matrícula para este curso segue aberta para toda a avogacía galega e alumnado do Máster en https://formacion.avogacia.gal.
  • Outros avogados/as: 75 €/curso completo. Ademais de enviar o formulario de inscrición, deberá remitirse a redes@avogacia.gal o xustificante da transferencia bancaria a:
    • IBAN: ES72 0216 8987 4706 0027 5826 (TargoBank)
    • Concepto: Webinars Violencia + Nome e apelidos

Inscricións en: https://zoom.us/webinar/register/WN_lwtQxlkgSqWVacEOVjG2Lw

Permitirase a inscrición unha vez iniciado o ciclo de clases, manténdose no caso da opción de pagamento o mesmo prezo. Facilitarase a gravación das sesións xa impartidas no momento da inscrición.

Para máis información:

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies