INSCRICIÓN ABERTA
Co fin de ampliar a formación impartida na aula virtual do Consello sobre violencia sobre a muller, comezamos unha serie de clases en liña en materia de violencia de xénero.
Organizadas os xoves, de 16 a 17 h., e impartidas por profesionais expertas na materia, estas webinars pretenden afondar en temas como o delito de sustracción de menores, as dilixencias de proba, os dereitos das vítimas ou a coordinación con outros profesionais que participan no proceso xudicial.
Prezo:
- Matriculados/as no curso “Atención xurídica a vítimas de violencia de xénero 2020”: inscrición gratuíta. Lembramos que a matrícula para este curso segue aberta para toda a avogacía galega e alumnado do Máster en https://formacion.avogacia.gal.
- Outros avogados/as: 75 €/curso completo. Ademais de enviar o formulario de inscrición, deberá remitirse a redes@avogacia.gal o xustificante da transferencia bancaria a:
- IBAN: ES72 0216 8987 4706 0027 5826 (TargoBank)
- Concepto: Webinars Violencia + Nome e apelidos
Inscricións en: https://zoom.us/webinar/register/WN_lwtQxlkgSqWVacEOVjG2Lw
Permitirase a inscrición unha vez iniciado o ciclo de clases, manténdose no caso da opción de pagamento o mesmo prezo. Facilitarase a gravación das sesións xa impartidas no momento da inscrición.
Para máis información:
- Ver relación de datas, temas e formadoras.
- Contactar co Consello no enderezo electrónico
ou no teléfono 981 121 893.