O Pleno do Consello da Avogacía Galega, reunido na data de 28 de xullo coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia, elixiu como nova Presidenta do Consello a Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, sucedendo no cargo a Ramón Jáudenes López de Castro.
Nesta reunión do Pleno, Francisco José Rabuñal Mosquera, Decano do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago, foi elixido vicepresidente do Consello da Avogacía Galega mentres que Augusto José Pérez-Cepeda Vila, Decano do Ilustre Colexio da Avogacía de Coruña, foi elixido Secretario-Tesoureiro.
Pleno do Consello da Avogacía Galega
Vogais: