A Coruña, 30 de setembro de 2022. Na mañá de hoxe tivo lugar o acto oficial de toma de posesión da nova Presidenta do Consello da Avogacía Galega, Lourdes Carballo Fidalgo, quen sucede no cargo a Pilar López-Guerrero Vázquez.
O acto, celebrado na sede do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña contou coa asistencia de autoridades e do Pleno do Consello da Avogacía Galega. Entre as autoridades asistentes estiveron presentes a Alcaldesa da Coruña, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Fiscal Superior de Galicia, a Presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, así como unha ampla representación da avogacía galega.
No seu discurso de toma de posesión, Lourdes Carballo Fidalgo agradeceu en primeiro lugar «a confianza na miña persoa dos meus compañeiros do Pleno do Consello da Avogacía«. A continuación destacou «a necesidade da avogacia de estar unida neste momento de modificacións lexislativas de calado, encamiñadas á mellora do servizo da xustiza, que esixen a nosa especial atención e vixilancia en aras a manter incólume o dereito de defensa, e protexer a función que exercemos avogados e avogadas cada dia, prestando o servizo de asistencia xurídica e defensa. Queremos unha xustiza non só áxil e eficaz, senón tamén atenta, respectuosa coa nosa función e a dignidade da nosa profesión, merecedora da consideración de todos os poderes públicos, por ser esencial para a consecución da xustiza«.
Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do ICA de Vigo e nova Presidenta do Consello da Avogacía Galega é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exercendo a avogacía desde o ano 1988. En 2014 foi elixida Decana do ICA de Vigo e reelixida con posterioridade. Forma parte da Comisión Permanente do Consejo General de la Abogacía Española, institución na que é Conselleira e Presidenta da Comisión para a defensa dos dereitos e intereses profesionais da profesión xurídica. No mes de xuño deste ano ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación como académica de número.
Pleno do Consello da Avogacía Galega
O Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado da seguinte maneira:
Vogais: