O próximo venres 28 de outubro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña en materia de violencia de xénero, impartida por Vicente Magro Servet:
«Doutrina recente xurisprudencial do Tribunal Supremo»
O sistema de acceso á conferencia será igual que en anteriores ocasións:
– Aqueles e aquelas xa inscritos no programa de clases en liña do Consello, recibirán os datos de acceso no seu enderezo electrónico o día previo á conferencia e unha hora antes do seu inicio.
– Aqueles e aquelas que non estean anotados no programa de clases en liña, deberán cubrir o seguinte formulario: https://zoom.us/webinar/register/WN_lwtQxlkgSqWVacEOVjG2Lw#/registration
Esta intervención será a primeira dunha nova serie de conferencias en liña en materia de violencia de xénero. En breve compartiremos o programa formativo íntegro coas datas e títulos das clases.
Esta actividade formativa enmárcase dentro do Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da Avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero