En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convida a toda a poboación a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema estructural, que nos involucra a toda a sociedade.