O 12 de xullo é a data
sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da
Quenda de Oficio. Máis de 40.000 avogados e avogadas da quenda de oficio
traballan 24 horas ao día, 365 días ao ano, para defender legalmente
centos de miles de cidadáns con recursos económicos limitados. Realizan
este labor a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da
Quenda de Oficio.
A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía:
- Vídeo de presentación da campaña deste ano.
- Tanto se es un cidadán coma se es un avogado ou avogada, desde este microsite preparado polo CGAE poderás acceder a información de interese.
- Desde aquí
poderás acceder aos informes do Observatorio de Xustiza Gratuíta.
Estes documentos son informes anuais elaborados por un equipo
multidisciplinar de expertos que analiza a situación da Xustiza
Gratuíta e da Quenda de Oficio en España. Aportan, de forma
homoxeneizada e única en España, os datos proporcionados polos 10
Consellos Autonómicos e os 83 Colexios da Avogacía.