Onte celebráronse as eleccións ao decanato con listas abertas no Colexio Provincial de Avogados de Ourense. Os postos a renovar eran os de decano, vicedecano, secretaría e dous vogais.
Pilar López-Guerrero, ao igual que Marcos Vázquez Guzmán, levaban candidatura completa. Os outros dous candidatos, Manuel García Sobrado e José Luis Carnicero Blanco, presentaron candidatura unipersoal.
Ás 3 da tarde xa tiña votado máis do 60% do total dos participantes. Ao final da xornada rexistrouse unha participación de 510 colexiados, o que supón o 65% do censo.
A votación entre Pilar López-Guerrero e Marcos Vázquez foi moi axustada: a nova decana superou ao segundo votado por 11 apoios, 382 votos frente a 371. José Manuel García Sobrado e José Luis Carnicero acadaron 42 e 90 votos, respectivamente.
O equipo renóvase con Esperanza Fernández Iglesias como vicedecana, José Manuel Ayude Besteiro como secretario, Fátima Salgado Carbajales como segunda vogal e Ramón González Doniz como sexto vogal.
Desde o Consello queremos dar a noraboa á nova decana e aos demais elexidos, e desexarlles sorte na súa nova etapa.