O Consello valora positivamente a modificación da coñecida coma Lei de Taxas xudiciais, algo máis de dous anos despois da súa publicación.
A modificación realizouse mediante a técnica do Real Decreto-Lei, probablemente ante a inminencia da resolución polo Tribunal Constitucional dos recursos interpostos contra ela por diversos partidos e entidades e nas proximidades das datas electorais. Así, ademais, o Goberno evita en gran medida os trámites parlamentarios, nos que tería que explicar o erro e a rectificación. A convalidación do Real Decreto-Lei, non obstante permitirá certo grao de debate parlamentario
Velaí a entrevista concedida por Nieves Santomé, Presidenta do Consello da Avogacía Galega