O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou máis medidas de protección por parte do Goberno galego para os propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal. O mandatario autonómico participou hoxe na firma dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e deberes das persoas propietarias ou usufructuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.