Mañá 3 de febreiro realizarase unha actualización de mantemento no sistema LexNET. A versión actual deixará de ser funcional a partir das 20.30 h. dese día.
Os usuarios e usuarias deben descargar e actualizar a última versión do sistema que xa está dispoñible desde:
- A propia versión de LexNET Escritorio actual, a través dun aviso que aparece ao entrar no sistema.
- Desde o portal web informativo de LexNET, na súa sección «Consellos LexNET» (https://lexnetjusticia.gob.es/).
- Desde o menú Axuda da versión web do cliente de LexNET (https://lexnet.justicia.es).