Os días 27 e 28 de xaneiro de 2017 celebrarase na Coruña (Galicia) a segunda edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Consello da Avogacía Galega e o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia.
O Consello da Avogacía Europea (CCBE) lanzou unha breve enquisa para coñecer o uso das ferramentas electrónicas nos procedementos xudiciais.
O 15 de novembro rematou o prazo de inscrición para os últimos cursos organizados polo Consello: Oratoria, Dereito de Estranxeiría 2016, Reforma do Código Penal e Xurisidición Voluntaria.
O próximo 23 de novembro terá lugar en Madrid, no Salón de Actos do Consejo General del Poder Judicial, a entrega do XII Premio do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. Este ano, un dos premios recae sobre as avogadas e os avogados da quenda de oficio de violencia de xénero, en recoñecemento ao seu traballo coas víctimas.
Rematado o prazo de presentación de candidaturas, e dado que a súa foi a única presentada, Ramón Jáudenes López de Castro foi reelexido decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, cargo que ostenta desde decembro do 2011.