O 1 de xaneiro do 2016 entrou en vigor o novo sistema de valoración de danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación.
O obxectivo da revisión da Lei do 95 foi conseguir que as indemnizacións foran máis acordes á situación da vítima. Así, mediante un sistema de táboas, ademais de ter en conta os danos e perdas físicas e morais, incorpóranse ao cálculo as circunstancias persoais, familiares, laborais ou profesionais das vítimas e danados.
Dado o carácter práctico da materia, este curso se presenta acompañado de exercicios para que o alumno poida aprender como aplicar o sistema de táboas a diferentes tipoloxías de casos.
A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 31 de maio do 2018.
Antonio Miguel Platas Casteleiro, avogado con experiencia docente, será quen titorice a presente actividade formativa.
Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición
O prazo de inscrición remata o 31 de decembro do 2017. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .
Prezo do curso:
Máis información
Acceso á aula virtual