Desde o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes nos informan de que Carpeta Xustiza xa está dispoñible en Galicia. Con esta incorporación, Galicia pasa a formar parte do conxunto de territorios que xa operan con este servizo, o que supón un novo avance no seu despregamento a nivel nacional, no que Galicia estaba moi atrasada. Aínda quedan desenvolvementos por facer.
Na actualidade, o servizo atópase operativo en Castela e León, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Estremadura, Illes Balears, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, Comunidade de Madrid, Cantabria, Galicia, o Principado de Asturias e A Rioxa, así como nos órganos centrais —Audiencia Nacional e Tribunal Supremo—. Pola súa banda, está prevista a incorporación de Canarias antes do verán.
De forma paralela, avanzan os traballos de incorporación en Aragón, País Vasco e Navarra, cos desenvolvementos técnicos xa finalizados; mentres que a Comunidade Valenciana, Andalucía e Cataluña están en proceso de integración.
Así mesmo, Carpeta Xustiza conta desde principios de maio cunha nova versión da súa app —versión 1.3—, que incorpora os servizos de resumo e anonimización de documentos, a consulta de citas previas en oficinas do Rexistro Civil, tribunais e xerencias territoriais de Xustiza. Ademais, esta nova versión permite alternar entre perfil cidadán e profesional.
A incorporación de Galicia supón un paso máis na extensión dun modelo de acceso máis unificado e coherente á información xudicial. Desde este momento, cidadanía, empresas e profesionais na devandita comunidade autónoma poden acceder a servizos como:
Este avance súmase ao conxunto de servizos que xa ofrece Carpeta Xustiza, entre os que se inclúen o acceso —naquelas comunidades autónomas que o facilitan— ao expediente xudicial electrónico completo, información sobre contas de consignacións, apoderamentos xudiciais, solicitude de cita previa e a obtención de certificados, como os emitidos polos rexistros civís, os antecedentes penais ou últimas vontades, a información notarial e, proximamente, a rexistral, entre outros.
Correlativametne iranse incorporando novas funcionalidades, dado que en Galicia como dicimos aínda non está ao 100%.
Pódese acceder a Carpeta Xustiza a través da web carpeta.justicia.es e da aplicación móbil: