O mércores 7 de xuño, a presidenta do Consejo General de la Abogacía Española (CGAE), Victoria Ortega Benito, compareceu ante o Congreso para presentar as áreas de actuación sobre as que traballar na mellora da Administración da Xustiza.
No DOG nº 101, do 30 de maio do 2017, publícase a Orde do 11 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2017.
Nota de prensa
Xornada organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Vigo. Terá lugar o día 24 de marzo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.