Co gallo da celebración dos 175 anos do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, o diario El Progreso entrevista ao seu decano e vicepresidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos.
Categoría: Uncategorized

Exención das taxas xudiciais ás persoas físicas
O Consello valora positivamente a modificación da coñecida coma Lei de Taxas xudiciais, algo máis de dous anos despois da súa publicación.
A modificación realizouse mediante a técnica do Real Decreto-Lei, probablemente ante a inminencia da resolución polo Tribunal Constitucional dos recursos interpostos contra ela por diversos partidos e entidades e nas proximidades das datas electorais. Así, ademais, o Goberno evita en gran medida os trámites parlamentarios, nos que tería que explicar o erro e a rectificación. A convalidación do Real Decreto-Lei, non obstante permitirá certo grao de debate parlamentario
Velaí a entrevista concedida por Nieves Santomé, Presidenta do Consello da Avogacía Galega

Convocatoria 2015 para o exame de acceso á profesión
Este ano convócase a proba de acceso á profesión de avogado con so tres meses de antelación, e cambiando o programa con respecto ao do ano anterior. Isto foi obxecto de numerosas e comprensibles críticas.
Como novidade positiva, en Galicia celebrarase unha das convocatorias
So unha das 6 persoas integrantes do tribunal é profesional da avogacía. A súa designación realizarase polo Consejo General da Abogacía Española
Podes consultar a convocatoria premendo nesta ligazón
Para o trámite de inscrición preme aquí:
Se che vas presentar, … moita sorte!