Skip to main content

Colaborador/a social na ATRIGA

O 17 de xuño do 2003, a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía GAlega asinaron un convenio de colaboración para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria. Dito convenio renovouse pola Axencia Tributaria de Galicia e o Consello o 18 de xuño do 2020.

Ler texto Convenio

Así, esta colaboración posibilita a solicitude telemática do trámite de alta como colaborador/a social.

Os interesados e as interesadas poden realizar a solicitude remitindo un correo ao seguinte enderezo:  colaboracion.social.sscc@atriga.es.

Deben enviar a seguinte documentación:

  • Solicitude de acceso debidamente cuberta e asinada electronicamente.
  • Ficha de usuario debidamente cuberta.
  • Certificado actual do Consello da Avogacía Galega: para acadalo, deberán remitir o seu certificado de colexiación ao enderezo consello@avogacia.gal, indicando como motivo do envío a solicitude de certificado acreditativo para poder actuar como colaborador/a social na ATRIGA.

A tramitación da alta tardará entre 24 e 48 horas desde o envío da documentación.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies