Skip to main content

Curso de Compliance Penal

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATÉ O 30 DE XULLO

A responsabilidade penal das persoas xurídicas non excluirá a das persoas físicas, nin a destas excluirá a responsabilidade penal daquelas. Non cabe a alegación da separación de patrimonios da persoa xurídica por razón de ter personalidade xurídica, cando tal separación é, na realidade, unha ficción que pretende obter un fin fraudulento, como incumprir un contrato, eludir a responsabilidade contractual ou extracontractual, aparentar insolvencia, etc.

De aí a importancia que adquiriron nas organizacións, a raíz do recoñecemento legal da responsabilidade penal das persoas xurídicas, os programas de cumprimento da legalidade (compliance) e a figura do Compliance Officer, pois as empresas e organizacións deberán asumir privadamente unha función preventiva para reducir o risco de incorrer en responsabilidade propia.


Características do curso:

  • Modalidade: en liña.
  • Metodoloxía: material de consulta en formato PDF e presentacións interactivas (SCORMs), con cuestionarios de autoavaliación.
  • Nº horas: 70.
  • Prezo: 50 €, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes dos Colexios da Avogacía galegos e alumnos/as do Mestrado de Acceso á Avogacía.
  • Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion.
  • Formador: Daniel Roberto Garrido Pazos, avogado con formación e 15 anos de experiencia profesional en cumprimento normativo.

IMPORTANTE: o servizo de titoría estará a disposición do alumnado durante todo o curso, agás no mes de agosto.


Para máis información:

  • Ver cartaz.
  • Ver guía.
  • Contactar co Consello no enderezo electrónico ou no teléfono 981 121 893.


Esta actividade formativa está organizada polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia.


Acceso á aula virtual

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies