Skip to main content

Comunicado do Consello da Avogacía Galega sobre a pandemia COVID-19

 
 

COMUNICADO

O Consello da Avogacía Galega, en relación á situación de pandemia por contaxio do coronavirus COVID-19, adoptou no día de hoxe os seguintes acordos:

  1. Apoiar as medidas adoptadas polos colexios da avogacía de Galicia, e as que se adopten no futuro, respecto da necesidade de contención da pandemia e da evitación de situacións de risco de contaxio para o público en xeral, o persoal laboral dos colexios e os profesionais. Nese sentido, este Consello entende acertada a suspensión ou cancelación de actos e eventos, a limitación da atención presencial ao público, mesmo as do Servizo de Orientación Xurídica, e aos colexiados/as e as demais medidas no mesmo sentido.
  2. Solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a suspensión de todos os actos xudiciais e sinalamentos previstos ata o final do presente mes de marzo, excepto as causas penais con detido ou preso, sen prexuízo de que sexa necesario prorrogar a medida, para non comprometer as medidas preventivas establecidas polas autoridades sanitarias para a contención da propagación da pandemia. Manter a celebración de actos públicos nos edificios xudiciais pon en risco de contaxio ao persoal da administración de xustiza e aos seus usuarios e usuarias, así coma tamén aos profesionais, quen teñen, ademais, que preparar tales actos, celebrar reunións cos clientes, peritos e outros profesionais, e realizar desprazamentos. Actos todos eles desaconsellados polas autoridades sanitarias.
  3. Consonte o expresado no punto anterior, este Consello dirixirá unha comunicación ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que, como complemento dos acordos da Presidencia do día de onte, e ao abeiro da Instrución de 11 de marzo do Consello Xeral do Poder Xudicial, acorde ou autorice a suspensión de todos os xuízos, vistas, comparecencias, declaracións e sinalamentos nos xulgados e tribunais de Galicia, con excepción das causas con presos o asistencia a detidos.
  4. Apoiar e amparar aos profesionais da avogacía de Galicia no seu labor de defensa dos dereitos e intereses da cidadanía, en condicións suficientes de salubridade e dignidade e prestarlles o apoio necesario para a efectividade de tal dereito.
  5. Dar difusión aos acordos adoptados.

A Coruña, 13 de marzo de 2020

Descarga documento

 

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies