Conferencia en liña sobre técnicas de interrogatorio impartida por Vicente Magro

Conferencia en liña sobre técnicas de interrogatorio impartida por Vicente Magro

O próximo martes 4 de marzo, de 16.30 a 18.30 h., Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo, impartirá a seguinte conferencia en liña:

A técnica do bo interrogatorio de testigos no xuízo oral: cuestións prácticas


Obxectivo

Desenvólvense todas as cuestións que xorden na práctica da declaración testifical no procedemento penal, así como as cuestións relativas á valoración da proba testifical, prestando especial interese na xurisprudencia do Tribunal Supremo actualizada sobre a resposta dada pola xurisprudencia a todas as cuestións que rodean a casuística das testificais.

Pónse de manifesto unha cuestión moi relevante para letrados/as, como é a actuación no xuízo oral destes no interrogatorio de testemuñas e/ou peritos, á hora de descubrir neles os “sesgos” na súa declaración no plenario, co fin de restar valor á versión que ofrecen do que “viron” ou “saben”.

O obxectivo céntrase en resolver todas as dúbidas que poidan xurdir arredor da proba testifical e da valoración que desta levan a cabo os tribunais de xustiza, en relación coas distintas dúbidas que poden xurdir sobre a proposición e práctica da proba, así como o seu rexeitamento por parte dos tribunais de xustiza, as súas consecuencias e a forma de formular a indebida denegación das testificais.

Sobre todo, prestarase especial interese á forma e ao modo en que se desenvolve a práctica da proba testifical no acto do xuízo oral, con consellos sobre a maneira de levala a cabo.

Importancia dos sesgos nas testemuñas que declaran no xuízo oral. Que son? Como se detectan?


Programa da conferencia

1.- A proposición da proba testifical.
2.- A vítima como testemuña no xuízo oral e as súas características.
3.- Valoración da declaración da vítima.
4.- A testifical de referencia.
5.- Correcta proposición da testifical.
6.- A testifical ao inicio do xuízo oral.
7.- O uso do art. 730 da LECRIM.
8.- Como levar a cabo un bo interrogatorio da testemuña no xuízo. Consellos prácticos.
9.- O cross-examination na proba testifical e os seus límites na xurisprudencia.
10.- Xurisprudencia do Tribunal Supremo actualizada sobre a proba testifical.
11.- Importancia dos sesgos nas testemuñas que declaran no xuízo oral. Que son? Como se detectan?
12.- Actuación do letrado/a ante os sesgos das testemuñas no xuízo oral.


Inscrición

Esta conferencia está dirixida exclusivamente ás avogadas e aos avogados pertencentes aos colexios da avogacía de Galicia e ao alumnado do Mestrado de Acceso á Avogacía desenvolvido nalgún destes colexios.

Para a asistencia telemática é precisa a inscrición a través da seguinte ligazón: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_vKAmeig3Rb2V8VW-EOdGPA

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies