Conferencia en liña de Vicente Magro Servet, Maxistrado do Tribunal Supremo

Conferencia en liña de Vicente Magro Servet, Maxistrado do Tribunal Supremo

O próximo venres 28 de outubro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña en materia de violencia de xénero, impartida por Vicente Magro Servet:

«Doutrina recente xurisprudencial do Tribunal Supremo»


O sistema de acceso á conferencia será igual que en anteriores ocasións:
– Aqueles e aquelas xa inscritos no programa de clases en liña do Consello, recibirán os datos de acceso no seu enderezo electrónico o día previo á conferencia e unha hora antes do seu inicio.
– Aqueles e aquelas que non estean anotados no programa de clases en liña, deberán cubrir o seguinte formulario: https://zoom.us/webinar/register/WN_lwtQxlkgSqWVacEOVjG2Lw#/registration

Esta 
intervención será a primeira dunha nova serie de conferencias en liña en materia de violencia de xénero. En breve compartiremos o programa formativo íntegro coas datas e títulos das clases.


Esta actividade formativa enmárcase dentro do Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da Avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero


Sobre Vicente Magro Servet:

  • Maxistrado do Tribunal Supremo desde febreiro de 2018.
  • Doutor en Dereito Penal e Procesual Penal con sobresaínte cum laude.
  • Autor de 60 libros e máis de mil artigos xurídicos.
  • Posúe a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, Premio Xustiza da Generalitat Valenciana en 2011, Medalla Penal do Ministerio do Interior 2013, Premio Calidade da Xustiza CGPJ 2014, Premio Soledad Cazorla
  • en 2016 pola súa actividade contra a violencia de xénero, Premio ACIJUR en febreiro 2017 da prensa xurídica de Madrid.
  •  Tamén é membro asesor do Observatorio de Violencia doméstica e de xénero do CGPJ desde o ano 2002.
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies