Nova conferencia en liña de Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo

Nova conferencia en liña de Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo

O xoves 23 de febreiro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña, impartida por Vicente Magro Servet:

«A proba nos delitos contra a liberdade sexual a raíz da LO 10/2022, do 6 de setembro, con especial referencia ao consentimento»


Con directa referencia na LO 10/2022, de 6 de setembro, ofrécese unha análise sobre a problemática atinente ao consentimento do art. 178.1 CP novo e a proposición e práctica da proba en relación aos delitos contra a liberdade sexual, a fin de fixar as circunstancias e directrices que deben terse en conta por acusación particular e defensa á hora de levar a cabo as súas distintas achegas de proba ao proceso e o sistema de valoración da mesma, así como a xurisprudencia do Tribunal Supremo recente acerca de cuestións atinentes á proba.

Analízase, por iso, con detalle o tema “estrela” da Lei relativo ao consentimento da vítima fixado no art. 178.1 CP:

  1. Análise e interpretación sobre o consentimento do art. 178.1 CP.
  2. Proba en materia de delitos contra a liberdade sexual.
  3. Doutrina recente do TS sobre proba relacionada con delitos contra a liberdade sexual.
  4. Proposición e práctica da proba en xuízo oral. As súas características en relación a estes delitos.
  5. Características sobre proba dos subtipos agravados en delitos sexuais contra adultos e menores.

Sobre Vicente Magro Servet:

  • Maxistrado do Tribunal Supremo desde febreiro de 2018.
  • Doutor en Dereito Penal e Procesual Penal con sobresaínte cum laude.
  • Autor de 60 libros e máis de mil artigos xurídicos.
  • Posúe a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, Premio Xustiza da Generalitat Valenciana en 2011, Medalla Penal do Ministerio do Interior 2013, Premio Calidade da Xustiza CGPJ 2014, Premio Soledad Cazorla en 2016 pola súa actividade contra a violencia de xénero, Premio ACIJUR en febreiro 2017 da prensa xurídica de Madrid.
  •  Tamén é membro asesor do Observatorio de Violencia doméstica e de xénero do CGPJ desde o ano 2002.

Máis información:

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies