O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de violencia de xénero.
Calendario de clases en liña
- 24 de outubro, xoves:
- Violencia económica. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
- A responsabilidade civil derivada do delito e a insolvencia do reo. Asunción Álvarez Lois, avogada.
- 31 de outubro, xoves:
- A proba policial en casos de violencia de xénero. Alejandra Domínguez Pereiras, axente da Policía Nacional.
- Violencia de xénero e redes sociais. Gema Rial Rodríguez, avogada.
- 14 de novembro, xoves:
- Violencia e protección de menores. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
- Intervención práctica con mulleres estranxeiras. Regularización. Asunción Álvarez Lois, avogada.
- 27 de novembro, mércores:
- Xurisprudencia actualizada do Tribunal Supremo en materia de violencia de xénero. Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
- 29 de novembro, venres:
- Protocolos para a atención a menores en casos de violencia vicaria. Alejandra Domínguez Pereiras, axente de Policía Nacional.
- Violencia vicaria. Gema Rial Rodríguez, avogada.
Inscrición
Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.