Convenio para a atención a persoas menores de idade vítimas de violencia

Convenio para a atención a persoas menores de idade vítimas de violencia

O 11 de maio o Consello da Avogacía Galega asinou un convenio coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.


O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e o Consello da Avogacía Galega para a posta en marcha de accións dirixidas á atención xurídica ás persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia e á formación dos avogados e avogadas nese ámbito, de maneira tal que as persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia disporán sempre dun avogado especializado que as asista en relación coa denuncia e asesoramento xurídico e acompañamento iniciais, e con independencia de que a vítima teña ou non recursos para litigar.

Consultar texto do convenio


Consultar outros convenios asinados polo Consello da Avogacía Galega

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies