No día de hoxe, 6 de xullo, a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega asinaron os seguintes convenios:
- Convenio de formación en materia de violencia de xénero para a avogacía galega: axudará ao financiamento da formación tanto presencial como permanente dos profesionais neste eido.
- Convenio para a atención xurídica das mulleres vítimas de agresións sexuais: permitirá a asistencia integral das vítimas desde antes da interposición da denuncia, nos casos en que a actuación non estea cuberta pola quenda de oficio.
Ambos os dous convenios producirán efectos a partir da súa sinatura e até o 31 de decembro de 2023.
Estes dous convenios súmanse aos asinados coa Dirección Xeral de Xustiza (indemnización aos letrados/as de oficio pola defensa de persoas xurídicas e o de asistencia a menores vítimas de violencia).
Consultar texto do convenio de formación en materia de violencia de xénero
Consultar texto de convenio para a atención xurídica das mulleres vítimas de agresións sexuais