PRAZO DE INSCRICIÓN AMPLIADO ATA O 15 DE FEBREIRO DO 2020
Este curso pretende abordar dunha forma clara e, sobre todo, práctica, a determinación das penas en función dos diversos parámetros que contempla o Código Penal.
Mediante a aplicación dunha serie de regras, unhas aritméticas (que permiten saber como se sube ou baixa en grado ou como se calculan as metades) e outras relativas á tentativa, á complicidade, ás eximentes, cando hai agravantes, multirreincidencia… Determinarase a pena que se pode solicitar para o acusado.
Trátase dunha ferramenta imprescindible para calquera profesional adicado ao Dereito Penal, especialmente no caso de exercer a defensa, xa que o letrado saberá ata onde pode chegar nunha negociación coas acusacións ou incluso na formulación da súa estratexia de defensa.
- Coordinación:
- Óscar Núñez-Torrón Latorre, avogado especialista en Dereito Penal.
- Manuel Ferreiro, avogado e tamén experto en Dereito Penal.
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 30.
- Prezo: 25 euros, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
- Prazo de matrícula: ampliado ata o 15 de febreiro do 2020.
- Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
- Remate do curso: 30 de xuño do 2020.
Para máis información:
- Folleto do curso.
- Guía do curso (programa e metodoloxía didáctica).
- Contactar co Consello no enderezo electrónico
ou no teléfono 981 121 893.
Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia e Thomson Reuters Aranzadi.
IMPORTANTE: lembra que xa podes descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte no curso, revisa AQUÍ os teus datos de facturación e actualízaos no caso de ser necesario. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.
Acceso á aula virtual