Curso de Dereito de Familia

Curso de Dereito de Familia

O dereito de familia regula as relacións das persoas pertencentes á institución familiar entre si e respecto de terceiros, tanto nos seus aspectos persoais coma patrimoniais.

Tendo en conta a importancia da familia, como unidade básica da sociedade , faise necesario coñecer as ferramentas xurídicas que regulan determinados procesos ou situacións que poden suceder dentro do ámbito familiar.

Neste curso analízanse as fases do procedemento contencioso nos procesos de separación, divorcio e nulidade, a liquidación da sociedade de gananciais, o procedemento de modificación de medidas, o procedemento de menores e as unións de feito.

A formación é impartida integramente en liña e supón 150 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 28 de febreiro do 2019.

A actividade formativa estará titorizada por tres avogadas especializadas en Dereito civil:  María Lourdes Carballo Fidalgo, María del Pilar Cortizo Mella e Ana Daría Salas Iglesias.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como froito desta colaboración, os alumnos poderán rexistrarse gratuitamente nunha biblioteca dixital da editorial, a escoller entre as seguintes materias: Dereito administrativo, Dereito civil e Dereito Fiscal/Dereito laboral.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 15 de outubro do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

 

Prezo do curso:

  • Avogados/as e alumnos/as do Máster: 50 €
  • Colexiados/as non exercentes: 70 €

 

Máis información

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies