Francisco José Rabuñal Mosquera tomou posesión esta mañá como novo presidente do Consello da Avogacía Galega arroupado polos máximos representantes da profesión e unha ampla representación institucional

Francisco José Rabuñal Mosquera tomou posesión esta mañá como novo presidente do Consello da Avogacía Galega arroupado polos máximos representantes da profesión e unha ampla representación institucional

O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Augusto Pérez-Cepeda, quen rematou o seu mandato anual no CAG tras o proceso electoral do pasado 1 de agosto.

No seu discurso reclamou á Xunta de Galicia que incremente o orzamento para a xustiza gratuíta e lembrou que o CAG non escatimará esforzos para demandar todas as unidades xudiciais que sexan necesarias para garantir unha tutela xudicial efectiva,  e para que todos os colexiados poidan gozar dunha pensión digna.


Galicia. Venres, 4 de outubro do 2024./ Francisco José Rabuñal Mosquera tomou posesión esta mañá como novo presidente do Consello da Avogacía Galega. O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Augusto Pérez-Cepeda, cuxo mandato como máximo representante do CAG rematou o pasado mes de setembro, tras a celebración dos comicios do 1 de agosto.

O acto, que se desenvolveu desde as 13.00 horas no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, contou coa presenza de numerosas autoridades e representantes institucionais como Federico Fernández Rodríguez, adxunto a presidencia do Consejo General de la Abogacía Española; miembros da comisión de xustiza do Parlamento de Galicia; María Belén do Campo Piñeiro, delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, en representación do Presidente da xunta de Galicia, Alfonso Rueda; Juan José Martín Álvarez, secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Ana María Gude, decana da Facultade de Dereito da USC e María Concepción Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego;

Así mesmo estiveron presentes Manuel César Vila (concelleiro de Facenda); en representación da alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela; representantes do Consello Galego de Procuradores, representantes da Fiscalía, e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Así mesmo acompañaron ao novo presidente os membros do Pleno do CAG a e unha ampla representación da profesión, conformada polos membros das xuntas de Goberno dos sete colexios da avogacía de Galicia , ademais de Evaristo Nogueira, expresidente do Consello.


Incremento orzamentario para a xustiza gratuíta

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es MTG_0159.jpg
Francisco Rabuñal Mosquera xura o cargo como presidente do Consello da Avogacía Galega

No seu discurso, Francisco Rabuñal  sinalou que, “un dos fins do Consello da Avogacía Galega é o de manter a unidade de actuación na nosa profesión na defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía, ao tempo que defendemos os das avogadas e avogados que a defenden – e suliñou que –  non desistiremos no empeño de demandar todas as unidades xudiciais que sexan necesarias para unha tutela xudicial efectiva”.

Tamén reclamou “Un incremento do orzamento para a xustiza gratuíta”- destacando que – o CAG  mantén un diálogo permanente coa Xunta de Galicia co fin de mellorar as condicións económicas e de servizo”.

“A tutela xudicial efectiva ou a dignidade das persoas son dereitos recollidos na nosa constitución, como tamén o é o dereito a unha pensión digna. Nese sentido, o Consello da Avogacía Galega non desistirá no empeño de demandar que todos os colexiados poidan gozar  dunha pensión suficiente”, agregou.



Constitución do pleno do Consello da Avogacía Galega

Francisco Rabuñal Mosquera foi reelixido en decembro do 2022 decano do Colexio da  Avogacía de Santiago de Compostela e permanecerá no cargo ata o 2027. Tras as eleccións do 1 de agosto no CAG, o Pleno do Consello da Avogacía Galega queda constituído do seguinte xeito:

  • Presidente: Francisco José Rabuñal Mosquera, decano ICA Santiago.
  • Vicepresidente: Luís Torres Foira, decano ICA Ferrol.
  • Secretario-tesoureiro: José Félix Mondelo Santos, decano ICA Lugo.
  • Vogais:
    • Augusto José Pérez-Cepeda Vila, decano ICA Coruña.
    • Pilar López-Guerrero Vázquez, decana ICA Ourense.
    • Gema Rial Rodríguez, decana ICA Pontevedra.
    • Lourdes Carballo Fidalgo, decana ICA Vigo.
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies