AMPLIAMOS O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE OUTUBRO
Este curso pretende abordar dunha forma clara e sistemática, pero sobre todo dunha forma completa e rigorosa, as principais cuestións prácticas relativas ao Dereito e as tecnoloxías da información e a comunicación (as chamadas TICs) coas que un xurista pode atoparse no desenvolvemento da súa actividade profesional.
Ao finalizar o curso, os profesionais que o superen terán un coñecemento xeral e completo do Dereito internacional, comunitario e nacional sobre as principais cuestións do Dereito e as novas tecnoloxías.
De interese:
- Coordinación:
- José María Lozoya Pérez, avogado especializado en Dereito das TIC e protección de datos.
- Vicente Gómez Loureda, delegado de protección de datos certificado.
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 100.
- Prezo: 75 euros, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
- Prazo de matrícula: ata o 15 de outubro do 2019.
- Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
- Remate do curso: 28 de febreiro do 2019.
Para máis información:
- Folleto do curso.
- Guía do curso (programa e metodoloxía didáctica).
- Contactar co Consello no enderezo electrónico
ou no teléfono 981 121 893.
Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios de Avogados de Galicia e Thomson Reuters Aranzadi.
IMPORTANTE: estamos a realizar melloras na plataforma formativa. En breve, poderás descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte en calquera curso (que non sexa gratuíto), lembra actualizar AQUÍ os teus datos de facturación. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.
Acceso á aula virtual