Hoxe foi día de eleccións no Colexio de Avogados da Coruña. Despois dunha xornada cunha asistencia masiva de votantes, Agusto Pérez-Cepeda Vila foi elixido decano. Obtivo un total de 1311 votos, fronte aos 694 de Rafael Arangüena Sande, o outro candidato ao decanato.
En canto aos demais cargos da Xunta de Goberno, ficarían constituídos do seguinte modo:
– Julio Manuel Lois Boedo, deputado 1º (1185 votos).
– Beatriz Núñez Vázquez, deputada 4º (1241 votos).
– José Luis Villar de la Riera, deputado 5º (1256 votos).
– Carlos Tomé Santiago, deputado 6º (1228 votos).
– María del Pilar Cortizo Mella, tesoureira (1253 votos).
– María Luísa Tato Fouz, secretaria (1274 votos).
Os outros candidatos recibiron os seguintes votos:
– María Luz Villares López, candidata a deputada 1º: 748.
– María Blanca Lesta Castelo, candidata a deputada 4º: 674.
– José María Muñoz Nieto, candidato a deputado 5º: 701.
– María José Casal Rodríguez, candidata a deputada 6º: 695.
– Fernando Torres Álvarez, candidato a tesoureiro: 699.
– Fernando María Nieto Bernat, candidato a secretario: 671.
Desde o Consello queremos dar a noraboa ao decano e aos demais elixidos.